miércoles, 13 de mayo de 2009

Mario Pereira no club


Como unha actividade que serviu para poñer, case, remate ao Club de Lectura de 1º da ESO (o alumnado insiste en non dalo por rematado e continuar lendo algún libro máis) esta semana visitounos Mario Pereira autor de “Contos para Manuela

Desenvolvemos a actividade na biblioteca, onde senón?, nun ambiente relaxado e tranquilo polo autor, frenético e nervioso polo alumnado. Comezou Mario léndonos un conto para logo facilitarnos algunhas claves interpretativas. De feito ao alumnado iso de buscar claves interpretativas encántalles, atopando moitísimas respostas a calquera pregunta do escritor.

Posteriormente Mario Pereira tivo a ben facerlles sentir moi protagonistas aos rapaces e ás rapaces posto que lles pediu que leran os seus propios finais para algún dos contos do libro. Sempre atopou palabras de alento para cada un deles, sempre atopou argumentos positivos para cada un dos novos finais propostos, por moi breves ou extensos que foran.

Finalmente agasallounos cun novo conto aínda non publicado (canto pode dar de si ese animal tan contista como é o lobo). Foi toda unha marabillosa lectura dramatizada onde interviron algunhas das características dos seus contos: os animais e o sentido do humor. Unha magnífica experiencia.


Moitas grazas Mario

miércoles, 22 de abril de 2009

Contos para Manuela de Mario Pereira



Hugo del Valle propón outro final para A PEDRA SELA

Filipe falou cos seus compañeiros de clase, contoulles o da pedra sela e foron todos xuntos a vela. A todos gustoulle moito, Filpe dixo que a ia coller para o belén que ía facer no Nadal, eles dixeron que era tan bonita que non podía levala, que era de todos.

Filipe dixo que non e comezaron a pelexarse, desta pelexa non se obtivo nada e volveron todos ás súas casas.

O día seguinte era sábado e Filipe pensou en levantarse cedo (ao redor das oito da mañá) para ir coller a pedra e gardala na casa. Así fixo (sen ningún problema). Púxoa nos caixóns da mesa de noite. Ao día seguinte sela marchouse da casa...


Hugo del Valle propón outro final para UNHA PALABRA

A palabra non coñecida con tilde nunha vogal, agora.
Só sabía que era eso que lle puxeran e quería quitala, ata lle facía dano. Arrascándose tropeceou e chegou nadando ata a biblioteca máis grande da cidade, na que entrara anteriormente. Alí chegou ata un diccionario, rodando, onde o golpeou. As palabras do inyterior saíron e ao ver á nova palabra lles pareceu a máis fermosa do mundo. Así que quixeron que se unira ao diccionario e así o fixo.
Estivo un tempo no diccionario pero aburriuse de estar alí polo que decidíu marchar. Despois, e caminando pola rúa, esta palabra fíxose moi amiga doutra coa que tivo moitas aventuras.



Matías Schnitzler propón outro final provisional e telegráfico para CHUM, O IGLÚ
O iglú decide que non se pode ir de alí porque se marcha deixa unha familia sen fogar e posiblemente se derrita.


Adrián Freire desexa que nos guste este final para O HOME AZUL
As persoas da vila decidiron que había que botalo de alí. Tomou o camiño polo que viñera ou eso cría el. Polo camiño atopouse cun neno perqueno que estaba perdido. Axudaría a chegar á súa casa. Pedindo indicacións e outras cousas conseguiron chegar. Logo marchouse todo recto polo camiño, mais... cara onde ía? porque non ía polo camiño xorrecto.
Para Raquel Montero O MUNDO DE RABELO podería rematar deste xeito:
Rabelo xa estaba farta e llo demostrou á súa bola terráquea. Estiveron enfadados durante un mes, ata que un día Rabelo empezoulle a poñer cinta de carroceiro por riba; a primeira reacción que tivo a bola foi apartase, a segunda, preguntarlle. A nena respondeulle o seguinte:
-Non querías ser balón de balonmán? Pois agora o será, e xogará nun partido importante.
A bola que non daba crédito preguntoulle tamén por que con cinta de carroceiro, e ela respondeulle que como quedara sería o máis parecido a un balón de balonmán.
Cando estivo rematado, Rabelo, díxolle que se mirara ao espello, esta fisco e quedou sorprendida, non lle durou moito o impacto porque María (Rabelo) agarrouna e meteuna na bolsa. Cando a nena tirou da bolsa á bola terráquea viu moita xente nunca especie de bancadas, e, ao outro lado un campo inmenso de balonmán. Viu tamén que Rabelo, que levaba roupa de animadora, collía o balón normal e o cambia por ela.
-Como é que ninguén se decata do cambio?, preguntábase.
Comezou o partido, estaba moi nerviosa e notou como as mans dun xogador a collían e a golpeaban con forza. Golpe tras golpe a bola decatouse de que lle doía todo.
Ao rematar o partido e xa en casa de Rabelo, deulle as grazas. Pero cando a nena lle sacou a cinta de carroceiro, a bola terráquea fíxose anicos. Os pais de María preguntáronlle que como se lle ocorría poñela de balón, e ela respondeulle que foi a bola que llo pediu e a partir daquela a nena foi todos os días ao psicólogo. Rabelo pensou que nunca tivo que facerlle caso á maldita bola terráquea.

A Claudia Fuentes gústalle este remate para RAMÓN E O BURRO DO ALCALDE
O burro púxose diante da árbore para que non a talasen. estivo alí así catro días seguidos cando se dixo "xa estou farto, ninguén ven a talalo. Eu paso de estar aquí papando frío". Entón marchouse. Cando volveu á caso dal alcalde comprendeu que o alcalde non se refería a ese carballo senón a aoutro, o da praza.